O ano que comeza trae novas citas para o Cooperativismo e a Economía Social. Toma nota se non queres perderche ningún destes encontros en 2023.

O primeiro evento será do 20 ao 30 de marzo na sede dos distintos membros da Rede ENUIES, de Centros e Institutos Universitarios de Investigación en Economía Social, que están a programar a 4ª Semana Universitaria da Economía Social. Nela cada estrutura de investigación, de forma coordinada, programará actividades de formación e difusión, na que se lembrará a ampla actividade docente e investigadora, e de transferencia de coñecemento, que levan a cabo os diferentes centros universitarios en relación coa economía social.

O XIX Congreso Internacional de Investigadores en Economía Social chega de novo a Mataró os días 19 ao 21 de abril da man de CIRIEC-España tras verse afectado pola covid-19 en 2020. Nesta ocasión, xa se recibiron un total de 133 propostas de comunicacións.

O Foro Global da Economía Social, GSEF 2023 celebrarase en Dakar (Senegal), do 1 ao 6 de maio.

Antes de terminar o mes de maio, os días 22 e 23, terá lugar en Salónica (Grecia) o Simposio de CIRIEC “Emerxencias mundiais e locais: garantir a subministración de bens e servizos esenciais a través da economía social e as empresas públicas”.

Tamén CIRIEC- España, xunto á Universidade de Córdoba, celebrará os días 15 e 16 de xuño as Xornadas “Desafíos xurídicos da Economía Social”, de carácter eminentemente xurídico.

A partir do verán, as citas desprázanse ao estranxeiro, coa celebración en Seúl (Corea do Sur) do IX Congreso de Investigadores en Economía Social do CIRIEC-Internacional, do 4 ao 6 de xullo, baixo o lema ‘Construír mellor: Economía social e solidaria para un mundo en paz e xusto’. Os investigadores interesados en presentar comunicacións aínda están a tempo de facelo enviando a súa proposta ou un breve resumo da súa comunicación (2 ou 3 páxinas) ata o próximo 31 de xaneiro.

Organizado polo Centro para o Emprendemento Cooperativo (KCO KU Leuven), o Congreso de Investigación Cooperativa da ACI. Reunirá, do 10 ao 13 de xullo, en Lovaina (Bélxica) a académicos, investigadores e profesionais das cooperativas e responsables políticos para debater as últimas investigacións e desenvolvementos na área da gobernanza cooperativa.

Xa en setembro, os días 11 ao 14 celebrarase en Frankfurt o 9º Congreso Internacional de EMES, organizado en colaboración co Centro para a Investigación da Intervención Social da Universidade de Ciencias Aplicadas de Frankfurt. Ata o 6 de marzo hai de prazo para o envío de ‘abstracts’.

E como evento ineludible do ano, destacamos a celebración en San Sebastián, os días 13 e 14 de novembro, dun novo Cume Europeo da Economía Social, organizada baixo a Presidencia española semestral do Consello da UE, xunto á Comisión Europea, o Gobierno Vasco, Social Economy Europe, CEPES e a Confederación de Cooperativas de Euskadi, Konfekoop.

Voltar