Presentámosvos a entrevista que realizamos a Isabel Peñalosa, directora de relacións institucionais e asesoría xurídica da Asociación Española de Fundaciones, en colaboración con reseteando.org . Nela Isabel nos introduce na lei de transparencia e nos retos e impactos que terá no sector non lucrativo.
Isabel Peñalosa, participará na ponencia marco da , II Xornada: Impacto da lei de transparencia no terceiro sector. que organiza Algalia, Servizos para o terceiro sector xunto con Landín Informática, distribuidor A3-Software e patrocinado por Wolter Kluwer-A3 Software.
Nesta xornada queremos falar de:
- Analizar as consecuencias da entrada en vigor, o 11 de nadal de 2014, da lei de transparencia nas entidades non lucrativas.
- Reflexionar acerca dos retos e oportunidades que abre este novo entorno a efectos de financiamento.
- Presentar casos prácticos de organizacións que abordaron procesos de cambio organizativo tendo como base a transparencia. Transparencia coa sociedade, con familias, con usuarios e co persoal.
- Sensibilizar sobre ferramentas de medición do impacto social que producen as organizacións, como unha das tendencias que existen no sector.
Especialmente pensada para entidades
- Sociais
- Deportivas
- Tecnolóxicas
- Empresariais
- Educativas
- Culturais
Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector