Como cada ano, a Secretaría Xeral de Emprego chama a todas as persoas que forman parte da familia cooperativa á celebración do «Día do cooperativismo galego» que terá lugar o primeiro sábado de xullo.
A cita será o próximo 6 de xullo ás 12:00 horas en Xinzo de Limia, no local Xpazo e da man de Limia Xestión, S.Coop. Galega, unha das socias da Unión de Cooperativas Espazocoop.
No acto farase entrega dos Premios á Cooperación 2019 e dos Premios a Proxectos Empresariais Cooperativos, dentro do Certame de Cooperativismo no Ensino 2019, e contarase co espectáculo da compañía Sincronacidas e o concerto de A banda da Loba.
Este anos os Premios á Cooperación recaen en dúas cooperativas de Espazocoop: Panxea S. Coop. Galega e Rayados S. Coop. Galega, ademais de na Cooperativa Agraria Provincial da Coruña S. Coop. Galega.
Quérese facer partícipes desta celebración a todas as cooperativas galegas e a todas as persoas que traballan prol do cooperativismo.
Podedes inscribirvos ou atopar información máis detallada da xornada na web: www.cooperativismogalego.com/programa
Rede Eusumo