O pasado 25 de febreiro comezou, na súa novena edición, o programa VIRADA Liderado, coa participación de quince entidades da economía social galega.

En concreto, nas próximas semanas, vinte e seis persoas vinculadas ao cooperativismo e ao terceiro sector de acción social confían na proposta de ALGALIA e EDE FUNDAZIOA, para desenvolver e fomentar o liderado en entidades de economía social.

O propósito de VIRADA Liderado é contribuír a que persoas con responsabilidades directivas ou de coordinación de equipos, responsabilidades en exercicio ou futuras, adquiran competencias estratéxicas, interpersoais e persoais que as capaciten para o desenvolvemento dun liderado máis efectivo.

As actividades principais que estruturan ao programa e que se desenvolverán nos próximos meses son:

  • Encontros presenciais outdoor.
  • Talleres de contido sobre liderado.
  • Coaching persoal.
  • Proxecto de Impacto Organizacional.

A continuación, presentámosvos ás entidades participantes desta edición:

       1. Abeluria S.Coop

      2. AGACA

      3. ALENTO

      4. Algalia

      5. AMIPA

      6. Avelaiña SAÚDE MENTAL

      7. Autismo BATA

      8. ASOCIACIÓN NOSA SEÑORA DE CHAMORRO

      9. COGAMI

     10. DOWN GALICIA

     11. DOWN OURENSE

   12. EVD GALICIA

   13. FUNDACIÓN UNIVERSIDADE VIGO

  14. MAIER FERROPLAST

   15. ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI

 

A formación retomarase os vindeiros 24 e 25 de abril trala Semana Santa.

Voltar