Compases mellor que mapasConfederación Autismo España, entidade que agrupa e representa a 70 entidades do terceiro sector de acción social de España que traballan especificamente con persoas con Trastornos do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias, confiou a Algalia a dinamización do proceso de elaboración do seu plan estratéxico para o período 2013-2017.

Con este proceso, Autismo España quere dotarse dunha ferramenta que sirva de compás que contribúa a asegurar a sostibilidade da Confederación, Federacións e entidades membro, así como orientar o desenvolvemento futuro de CAE. Ademais pretende que sirva para sensibilizar ao colectivo do autismo sobre os retos que se lle presentan de forma inmediata para defender os dereitos adquiridos; axude a cohesionar ao colectivo do autismo en torno a un propósito común e compartido; promova a converxencia de visións particulares dos participantes cara a unha visión común e compartida; e propicie a participación asociativa e o traballo en equipo.

Os directivos de Autismo España saben que o sector de acción social está vivindo un momento de cambio de paradigma, tal como refire o Observatorio do terceiro sector, e propoñen aos seus confederados un proceso de reflexión estratéxica que contará cunha elevada participación relevante, boas doses de pensamento estratéxico, reflexión, traballo, e moito atrevemento.

En xullo de 2013, Autismo España contará cun novo compás para transitar polo incerto territorio do futuro.

Miguel Barbosa
Socio Responsable da área de Consultoria de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar