O venres 23 e sábado 24 de febreiro doce persoas de dez organizacións distintas atopáronse en Caldaria Arnoia Balneario para emprender unha expedición en busca do cambio que as faga máis efectivas no desempeño do seu liderado. Comezou a III Edición do Programa VIRADA Liderado!

Quen forma parte da expedición?

As 9 organizacións que confiaron na proposta de Fundación EDE e ALGALIA  e enviaron a VIRADA Liderado a persoas con responsabilidades de dirección ou coordinación de equipos, comparten pertenza no ámbito da economía social.

Que se van a atopar?

VIRADA Liderado propón 4 actividades principais:

  1. 3 Outdoor en Caldaria Arnoia en venres-sábado, con noite incluída.
  2. 3 Obradoiros de 8 horas cada un sobre temas de liderado en Santiago de Compostela (Cidade da Cultura de Galicia).
  3. 3 Sesións de coaching individual.
  4. Orientación e titoría en grupo para a elaboración dun Plan de Mellora Organizacional ( PMO).

Para unha información máis pormenorizada podes consultar o PDF do Dossier del Programa.

Cal foi o contido do primeiro  Outdoor en Arnoia?

Neste primeiro  Outdoor, ademais de “facer grupo” e experimentar con traballo corporal (iniciación aos “4 elementos” e “ Biodanza”), as persoas participantes profundizaron nas claves das competencias  conversacionais: conversación pública – privada, a escoita xenerativa e os actos da fala: xuízos, declaracións…

Leváronse para as súas organizacións novas distincións, novas formas de percibir e nomear o que pasa nelas mesmas como líderes, nos seus equipos, nas súas organizacións. Estas distincións son a base desde a que enriquecer as posibilidades de acción e o logro dos resultados persoais e  organizacionais en cada unha das súas entidades.

Para os seguintes  outdoors reservámonos o traballar a perspectiva  sistémica e as emocións.

Por suposto, tamén gozamos das instalacións do Balneario, senón para que esa foto de cabeceira dunha das piscinas de  Caldaria Arnoia? Compartir o estar en remollo tamén axuda a “virar”…”…

David Pereiro
Socio Consultor en  Algalia. 
 Responsable  do Programa VIRADA Liderado

Voltar