O 24 e 25 de febreiro, no Balneario de Laias, comezou o programa Virada_Liderado, coa realización do primeiro outdoor. Este programa que se desenvolverá ata o mes de xullo, nos permitirá navegar, polo liderado nas organizacións, unhas veces con mar en calma e outras con tempestades. Unhas veces as correntes nos axudarán e noutros casos a contracorrente.
Nesta primeira edición contamos cun grupo de 18 persoas, pertencentes as seguintes entidades: Asoc. Alento de Dano Cerebral, Fundación Ramón Domínguez, International Hypopressive Institute, Clínica Lorenzo Vila, Fundación Menela, Asoc. San Xerome Emiliani, Asoc. Amicos do Barbanza, Asoc. APEM, EVD Galicia, Asoc Nuestra Señora de Chamorro, Asoc Aspanaex.
Neste primeiro obradoiro, facilitado por Ander Mimenza, Itziar Garay, David Pereiro e Miguel Barbosa, o grupo vivenciou dende planos cognitivos, emocionais e corporais aspectos clave no desenvolvemento do liderado como son: a forma de aprender, a zona de confort, o cambio de observador, elementos das competencias conversacionais, as declaracións básicas, a escoita,….. en fin toda unha programación de distincións, vivencias que por seguro non lles deixaran indiferentes e poderán ser facilitadoras de procesos de cambio e crecemento persoal que perseguen o obxectivo de acadar un liderado mais efectivo e satisfactorio.
Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector