reflexión estratégicaCOGAMI e o seu Grupo Empresarial (Galega de Economía Social) están a desenvolver, acompañados por Algalia e LKS, o seu novo proceso de reflexión estratéxica.

Este proceso de reflexión suporá unha reflexión profunda que desemboque na conceptualización tanto do modelo corporativo (MdC) como dos modelos de servizos (MdS), dende os cales se crea, captura e entrega valor os clientes.

Algalia ten unha ampla experiencia en procesos de reflexión estratéxica onde poñemos o acento no proceso de cambio organizativo dende as capacidades das persoas, para ser capaces de definir unha estratexia e posteriormente implementala e dende modelos contrastados e innovadores.

LKS, consultora pertencente o Grupo Mondragon, xerou un enfoque propio que, partindo do coñecido modelo Canvas de Alexander Osterwalder, incorpora algúns aspectos que dende a súa experiencia resultan cruciais para impulsar a transformación das organizacións cara a modelos de servizos de futuro.

A suma dos nosos esforzos se orienta a poder lograr a unha reflexión estratéxica nas organizacións na que non se pretende nin poden formularse períodos estratéxicos caracterizados pola continuidade senón que apostan por unha reflexión global sobre o seu Modelo de Servizos, na que se cuestionen todos os elementos que o definen.

Celso Gándara
Xerente de Algalia

Voltar