Cinco entidades da economía social galega, uníronse o pasado 27 de febreiro á sétima edición de VIRADA Equipos, a proposta de ALGALIA e EDE FUNDAZIOA para o fortalecemento de equipos de entidades de economía social.
VIRADA Equipos focalízase no acompañamento ás persoas e o propio equipo, como unha realidade distinta dos seus membros. É unha invitación para que o grupo, nesta edición conformado por 30 persoas, reflexione, xere un pensamento crítico, e estimule diferentes puntos de vista que lle dea máis posibilidades no seu crecemento.
O programa vertébrase ao redor dos seguintes eixos:
- Aplicación da Metodoloxía Belbin de roles de equipo.
- Encontros presenciais outdoor.
- Talleres de contidos sobre liderado.
- Coaching de equipo.
As entidades que participarán nesta sétima edición de Virada Equipos son:
- SAÚDE MENTAL A MARIÑA
- ASOCIACIÓN ASPAS
- DOWN CORUÑA
- EDV GALICIA
- SACAUNTOS S.Coop.Galega
O vindeiro 3 de abril terá lugar o obradoiro sobre liderado na Cidade da Cultura, en Compostela, antes do descanso de Semana Santa.