VIRADA é unha proposta de desenvolvemento que pon o foco no factor máis determinante e valioso das organizacións: as persoas.

Neste momento, este programa articúlase en dúas propostas principais:

  • O desenvolvemento do liderado directivo de persoas, VIRADA Liderado.
  • O desenvolvemento da efectividade de equipos de traballo, VIRADA Equipos.

En marzo comezou a travesía de VIRADA Liderado: 23 persoas de 14 entidades distintas vinculadas á economía social e ao terceiro sector de acción social lanzáronse a navegar co acompañamento das coachs de ALGALIA y EDE FUNDAZIOA.

Nestes tres meses compartimos encontros presenciais en Caldaria Arnoia, xornadas de formación na Cidade de Cultura de Galicia, sesións de coaching e o desenvolvemento dun Proxecto de Impacto Organizacional.

O grupo de VIRADA Liderado 2022 (VI Edición) chegado a porto formárono:

  • A Mariña, Asociación de Saúde Mental.
  • ACEESCA, máis de 35 anos facilitando apoios a persoas con diversidade intelectual.
  • AEIGA, Asociación de Empresas de Inserción de Galicia. Asociación sen ánimo de lucro que reúne empresas de inserción laboral da comunidade galega.
  • AFAGA Alzheimer, Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia.
  • AIRA. Sociedade Cooperativa Agroalimentaria.
  • AMIPA. Somos un grupo de persoas con discapacidade intelectual, familiares, profesionais e persoas voluntarias, nunha contorna rural.
  • Arroupa, empresa de inserción laboral en materia de reutilización de textil. Iniciativa de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela.
  • Autismo Bata. Melloramos a vida das persoas con TEA e as súas familias.
  • Avelaíña, saúde mental.
  • COGAMI, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade.
  • Cormo Integral, empresa de inserción laboral especializada en traballos de xardinería, medio ambiente e traballos forestais. Iniciativa de Érguete.
  • EVD Galicia, muller e discapacidade intelectual.
  • Maier Ferroplast Coop. A maior cooperativa industrial de Galicia, pertencente ao Grupo Maier.
  • SanXerome Emiliani. Diversidade intelectual sen límites.
  • Servicios comerciales de inserción laboral, empresa de inserción laboral en materia de reutilización de téxtil. Iniciativa de Cáritas Tui-Vigo.

Foi un privilexio. Foi unha aprendizaxe. Foi un pracer.

A seguir virando!

Voltar