A Confederación Empresarial Española de Economía Social (CEPES) presentou este mes en España o Plan de Acción Europeo en Economía Social, nun acto híbrido celebrado en Madrid, baixo o lema “A aposta da Unión Europea por unha economía ao servizo das persoas e da planeta”.

O obxectivo da patronal foi trasladar ao colectivo sectorial como se poden traspoñer as máis de 50 medidas deste plan, posto en marcha polas institucións europeas, para a súa execución en España.

Para a Comisión Europea, os tres piares nos que se basean as medidas do plan son:

  1. Crear un marco xurídico que permita o desenvolvemento do modelo empresarial da economía social e que se adapte aos distintos Estados membros;
  2. Facer medrar estas empresas facilitando o acceso ao financiamento,
  3. Asesoramento ás empresas

Para a economía social española, segundo o presidente de CEPES, Juan Antonio Pedreño, os principais retos aos que debe contribuír o Plan de Acción Europeo son:

  • O fomento do emprendemento colectivo,
  • O desenvolvemento do espíritu empresarial,
  • A atracción do talento xove da economía social.

Con todos eles, o gran obxectivo é medrar en escala, e aumentar os postos de traballo na economía social chegando ao 22% da UE no ano 2030.

E é que o sector da economía social europea marcouse como obxectivo utilizar este Plan de Acción Europeo de Economía Social para pasar do 6,3% actual ao 10% a representación do emprego en Europa, co que en 2030 habería 22 millóns de persoas ocupadas neste modelo de negocio en toda a UE.

Na imaxe, Celso Gándara, presidente de FOROESGAL e xerente de Algalia, acompañado polo presidente de Cepes, José Antonio Pedreño, e a secretaria xeral de Apoio ao Emprego, ou Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca.

Le a noticia completa de CEPESaquí

Descarga o Plan de Acción Europeo de Economía Social aquí

Voltar