Celso Gándara, xerente de Algalia, despediuse este mes do seu cargo como presidente de FOROESGAL tras seis anos á fronte da entidade galega. Durante o seu mandato, Celso traballou con implicación e xenerosidade, logrando que, por primeira vez en Galicia, o sector da economía social fose representado na súa totalidade. Tal e como recoñeceu Espazo Coop, Unión de Cooperativas Galegas: “O seu esforzo e compromiso foron fundamentais para visibilizar e fortalecer as cooperativas e entidades de economía social galegas no ámbito rexional e nacional”.
Este mesmo recoñecemento foi ofrecido na XXXII asemblea xeral de CEPES, celebrada o 6 de xuño en Madrid, e clausurada polo presidente do Gobierno, Pedro Sánchez, quen amosou o seu compromiso con este modelo empresarial, do que salientou o seu poder de transformación e o que diferencia, “o porqué e o para qué facedes as cousas”. O acto acolleu a máis de 200 asistentes do ámbito da economía social e personalidades da política, a economía e a sociedade civil, tanto a nivel estatal como rexional.