O pasado 27 de outubro celebramos en Santiago de Compostela a xornada sobre o impacto nas fundacións públicas da nova lei que regula o sector público.
Isabel Peñalosa, responsable da asesoría xurídica da Asociación Española de Fundaciones, presentounos un panorama xeral da regulación das fundacións do sector público nos eidos xurídico, orzamentario, de contratación, de subvencións e de transparencia, rendición de contas e auditoría, con referencia específica aos datos e situación en Galicia, para logo debullar as novidades derivadas da Lei 40/2015, de Réxime Xurídico do Sector Público, con preceptos de aplicación directa xa e outros pendentes de adaptación normativa autonómica.
Ademais a xornada serviu para fomentar as relacións entre os e as profesionais de distintas fundacións do sector público en Galicia e poder compartir inquedanzas, dúbidas, solucións a cuestións que cada unha están implementando ou vendo como poder implementar…. en fin CONSTRUÍR, COMPARTIR E APRENDER.
Deixámosvos un documento de análise do impacto da lei elaborado pola Asociación Española de Fundaciones.
Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector