Neste mes de setembro abrimos un proceso de selección no servizo laboral de Algalia.
Estamos a seleccionar unha persoa para un posto de técnico que desenvolverá a súa actividade en dependencia dos asesores laborais.
A persoa que desempeñe este labor integrarase dentro do servizo laboral de Algalia, conformado por un equipo de sete persoas que asesora, actualmente, a 139 clientes.
Ofrecemos un contrato indefinido a xornada completa, con incorporación inmediata nas nosas instalacións de Vigo.
Para máis información, facilitamos as condicións da oferta no seguinte enlace á plataforma de Infojobs