Convocante

Deputación Provincial de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Constitúe o obxecto destas bases o financiamento dos custos de persoal imputables ao exercicio de 2025 das unidades de apoio á actividade profesional e do persoal que desenvolva accións de coordinación ou dirección dos CEE con sede e centro de traballo na provincia de Pontevedra, que estean inscritos no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego e teñan recoñecida a súa carencia de ánimo de lucro na data de publicación desta convocatoria, coa finalidade de promover a integración laboral das persoas con discapacidade con maiores dificultades de inserción mediante o seu emprego nos CEE que operan nesta provincia.

Beneficiarios

Poderán solicitar estas axudas os CEE sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Figurar inscritos como centro especial de emprego no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, de 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no citado rexistro.
  2. Ter recoñecida a súa condición como centro especial de emprego sen ánimo de lucro.
  3. Constar tanto o domicilio social coma o centro de traballo obrigatoriamente na provincia de Pontevedra.
  4. Estar ao corrente das obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra.
  5. Non incorrer en ningunha das prohibicións previstas na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS), nin estar incluídos nos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas.
Voltar