Convocante
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e TurismoPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Estas bases regulan a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación (código de procedemento PR803D).
Exclúense destas bases os proxectos que teñan como obxecto a acción humanitaria e os de carácter asistencial que non poidan asegurar a súa viabilidade cando cese o financiamento externo.
Beneficiarios
As entidades beneficiarias da concesión de subvencións serán as entidades recoñecidas como axentes de cooperación para o desenvolvemento pola Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia, ben individualmente o mediante unha agrupación de entidades (código de procedemento PR803D):
- Organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento.
- As universidades do Sistema universitario galego e as súas entidades dependentes e centros de investigación públicos.
- As cooperativas, empresas e asociacións empresariais.
- As organizacións sindicais.
- Comunidades galegas no exterior.
- Outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento.