Convocante

Consellería de Política Social e Xuventude

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

O obxecto da convocatoria consistirá na concesión de subvencións ás entidades privadas de iniciativa social que, de conformidade coa Lei 13/2008, do 3 de decembro, levan a cabo a referida atención ás persoas nos centros de inclusión e emerxencia social e desenvolven programas e/ou prestan servizos na área de actuación dos servizos sociais comunitarios, de inclusión e, especificamente, da inclusión social e laboral da poboación inmigrante.

Beneficiarios

Serán beneficiarias as entidades privadas de iniciativa social, sempre e cando reúnan os seguintes requisitos:

  1. Estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, regulado polo Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.
  2. Carecer de ánimo de lucro. Para estes efectos acreditarase que non reparten beneficios, que no caso de liquidación ou disolución desta, o seu patrimonio se destina a fins sociais e que os membros do seu padroado e/ou órgano de goberno desenvolven o seu labor con carácter gratuíto, de conformidade co disposto nos seus estatutos e co disposto nos puntos 2, 5, 6 e 10 do artigo 3 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.
  3.  Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma de Galicia.
  4. Non estar en ningunha das situacións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.
  5. Dedicarse, con carácter preferente en concordancia cos seus estatutos, á realización de actuacións referidas á atención ás persoas nos centros de inclusión e emerxencia social, e desenvolvemento dos programas e/ou da prestación de servizos na área de actuación dos servizos sociais comunitarios, de inclusión e, especificamente, da inclusión social e laboral da poboación inmigrante.
Voltar