Convocante

Consellería de Emprego e Igualdade

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a propia convocatoria de axudas que concederá a Consellería de Emprego e Igualdade ás organizacións sindicais e asociacións empresariais con representación na Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva, de acordo coa Orde TMS/379/2019, do 28 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 694/2017, do 3 de xullo (códigos de procedemento TR807K e TR807L).

Beneficiarios

As organizacións sindicais que participan no dito ámbito, nos termos establecidos no artigo 7 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, así como as fundacións ou outras entidades constituídas por aquelas para a consecución de calquera deses fins

As organizacións empresariais que participan no dito ámbito, nos termos establecidos na disposición adicional sexta do texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, así como as fundacións ou outras entidades constituídas por aquelas para a consecución de calquera deses fins.

Voltar