Convocante
Consellería de Promoción do Emprego e IgualdadePublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Estas axudas teñen por obxecto fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais a través dos seguintes programas:
- Programa I: dirixido a fomentar a incorporación, como persoas socias traballadoras ou de traballo de cooperativas ou sociedades laborais, de persoas desempregadas, persoas traballadoras con carácter temporal e de persoas socias a proba.
- Programa II: dirixido a fomentar o acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo de cooperativas ou de sociedades laborais, así como o fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas, a través do financiamento das achegas económicas ao capital social.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas axudas as cooperativas e sociedades laborais, para o programa I, e as persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas, para o programa II.