Convocante

Concello de Poio

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Estas subvencións teñen a finalidade de contribuír a que as entidades sen ánimo de lucro acaden os obxectivos que lles son propios no tocante ao fomento da participación activa da cidadanía e á celebración e conservación de eventos lúdicos xurdidos da iniciativa popular e, en consecuencia:

  1. Impulsar a creación e difusión da oferta cultural.
  2. Conseguir unha cidadanía participativa e transformadora do seu contorno, cara á consecución da mellora da súa calidade de vida e a cohesión social do municipio.
  3. Fortalecer o tecido asociativo que traballa no ámbito lúdico e sociocultural.
  4. Fomentar valores sociais na cidadanía, a través do desenvolvemento de actividades lúdicas.
  5. Dar resposta ás demandas sociais en relación á creación de eventos e espazos para a convivencia lúdica e a recreación.
  6. Poñer en valor o patrimonio inmaterial propio do noso municipio (costumes, tradicións, etnografía, crenzas e mitos).
  7. Favorecer a cooperación entre o sector público e a cidadanía no desenvolvemento de programas de actividades lúdicas que complementen e/ou suplan aquelas de competencia municipal.

Beneficiarios

Terán a consideración de entidade beneficiaria das subvencións reguladas nas presentes bases todas as asociacións e entidades validamente constituídas, con enderezo social no municipio de Poio, que realicen actividades de carácter lúdico de acordo coas presentes bases, e cumpran os seguintes requisitos:

  • Carecer de fins de lucro.
  • Estar debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Poio no momento en que finalice o prazo de presentación de solicitudes, mantendo os seus datos actualizados.
  • Non ter pendente de xustificación ningunha subvención ou axuda ante o Concello de Poio para o mesmo obxecto para o que se solicita a subvención.
  • Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas, co Concello de Poio e coa Seguridade Social.
Voltar