Convocante

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

O obxecto destas bases é a regulación da concesión de subvencións, para a execución de proxectos no exterior.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas, ás organizacións non gobernamentais, ás universidades, ás empresas e organizacións empresariais, os sindicatos e ás comunidades galegas no exterior que teñan a condición de axentes de cooperación que cumpran os seguintes requisitos:

  • Estar inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento con, polo menos, un ano de antelación ao da publicación da convocatoria. As universidades e as comunidades galegas no exterior que consten inscritas no Rexistro de Centros e Comunidades Galegas dependente da Secretaría Xeral da Emigración quedan exentas de cumprir este requisito.
  • Ter xustificadas, se é o caso, antes da data de presentación da solicitude para a presente convocatoria, as axudas recibidas para as anualidades 2012 e anteriores, por parte da Xunta de Galicia a outros proxectos en materia de cooperación para o desenvolvemento subvencionados anteriormente.
Voltar