Convocante
Deputación Provincial de PontevedraPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
Subvencións públicas destinadas á edición en formato papel e a edicións audiovisuais, mixtas e noutros formatos especiais coma braille, que se editen en galego durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2023, coa finalidade de colaborar de interese para a permanencia, o recoñecemento e a identidade da cultura galega a través do tempo.
Beneficiarios
Poderán solicitar estas subvencións as entidades que reúnan os seguintes requisitos:
- Carecer de fins de lucro
- Ter domicilio social no ámbito territorial da provincia de Pontevedra ou excepcionalmente fóra desta sempre que as edicións obxecto da subvención traten sobre temas de interese para a provincia
- Non incorrer en ningún dos supostos de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da LXS
- Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda autonómica e coa Seguridade Social e non ter débedas pendentes de pagamento coa Deputación
- Non ter obrigas nin xustificacións pendentes derivadas de subvencións concedidas pola Deputación