Convocante
Concello de LalínPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
A finalidade desta subvención é apoiar e consolidar a rede asociativa de mulleres do concello de Lalín, como espazo de participación social das mulleres.
Beneficiarios
Poderán obter a condición de beneficiarias as asociacións de mulleres sempre que cumpran os seguintes requisitos:
- Estar legalmente constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.
- Ter o seu domicilio social no termo municipal de Lalín.
- Ter un ámbito de actuación territorial que non exceda do termo municipal de Lalín.
- As mulleres socias representarán polo menos o 90% das persoas asociadas.
- Non ter pendente de xustificar ningunha subvención concedida polo Concello de Lalín.
- Estar inscritas no Rexistro municipal de Asociacións e ter actualizada a información no mesmo.
- Estar ao corrente das súas obrigas tributarias, coa Seguridade Social e co Concello de Lalín.
- Ter entre os seus fins estatutarios a promoción da igualdade de oportunidades ou a defensa dos dereitos e intereses das mulleres.