Convocante

Concello de Vigo

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

O obxecto das subvencións ao que se refiren as presentes bases responde á finalidade de promover o deporte feminino a través do apoio económico ás entidades deportivas da cidade de Vigo que fomenten a participación e promoción das nenas e mulleres nas distintas disciplinas deportivas (equipos e/ou individuais). Este apoio materializarase en contribuír a financiar os gastos ocasionados polo funcionamento destes clubs deportivos, asociacións e agrupacións deportivas e entidades deportivas do municipio de Vigo, durante a tempada deportiva 2019/2020, ou do ano 2020 no caso das modalidades cuxa tempada deportiva sexa anual.

Beneficiarios

Poderán solicitar e obter estas axudas os clubs deportivos, asociacións e agrupacións deportivas, e entidades deportivas que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal de Vigo.
  2. Teñan personalidade xurídica propia e carezan de ánimo de lucro.
  3. Que se atopen ao corrente das súas obrigas fiscais co Concello de Vigo, coa Facenda Pública estatal e autonómica e coa Seguridade Social.
  4. Cumpran cos demais requisitos previstos no artigo 9 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e no Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da citada lei.
  5. Que conten cun mínimo de 10 licenzas femininas na tempada 2019/2020, ou do ano 2020no caso das modalidades cuxa tempada deportiva sexa anual.
  6. Que acompañen á solicitude a documentación preceptiva establecida na base 11ª desta convocatoria.
Voltar