Convocante

Deputación Provincial de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Subvencións dirixidas a financiar as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra que desenvolvan proxectos, programas e actividades centrados en conseguir a igualdade entre mulleres e homes e loitar contra a violencia machista durante o ano 2023.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro inscritas na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia que teñan a súa razón social ou unha delegación na provincia de Pontevedra e que cumpran todos os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

Voltar