Convocante

Deputación Provincial de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

O obxecto destas bases é regular o procedemento para a concesión de axudas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social, para o desenvolvemento, na provincia de Pontevedra, de actuacións de atención especializada dirixidas a persoas en situación de especial vulnerabilidade.

Beneficiarios

Poderán beneficiarse destas subvencións as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Estar inscritas no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia (RUEPSS)
  2. Carecer de fins de lucro
  3. Ter a súa razón social ou unha delegación na provincia de Pontevedra
  4. Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas e non incorrer en ningún dos casos de prohibición para percibir subvencións recollidos na lei
  5. Estar ao corrente coas obrigas coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda autonómica, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra
Voltar