Convocante
Concello de VigoPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
O obxecto de estas subvencións e apoiar aqueles proxectos, programas e actividades de asociacións e entidades sen ánimo de lucro que se desenvolvan no ámbito territorial da cidade de Vigo no sector específico dos servizos sociais e que teñan como destinatarios a un ou varios dos seguintes colectivos:
A) Familia e Infancia:
- Proxectos ou actividades que fomenten as habilidades familiares a través de actividades de formación na igualdade e corresponsabilidade dos seus membros, cara á mellora da calidade da actuación parental e a vida familiar.
- Proxectos ou actividades que favorezan a participación das familias cara á súa integración social.
- Programas de apoio psicosocial para situacións de dependencia (autocoidado emocional, autoestima, regulación emocional, habilidades de comunicación e resolución de conflictos, etc.) cara á mellora da calidade da vida familiar.
B) Persoas maiores e persoas con discapacidade:
- Programas de información e/ou formación dirixidos a estes colectivos, familiares e coidadores.
- Programas ou actividades dirixidas a persoas maiores e/ou con discapacidade que fomenten a súa psicomotricidade.
- Programas de acompañamento ás persoas maiores que vivan soas.
- Obradoiros alternativos non coincidentes cos desenvolvidos pola Área de Política Social.
C) Persoas emigrantes, inmigrantes e minorías étnicas:
- Proxectos socioeducativos e de promoción social dirixidos a estes colectivos socialmente vulnerables.
D) Persoas marxinadas sen fogar:
- Proxectos de prevención, tanto individual como familiar ou comunitaria, dirixidos a persoas e colectivos en risco de exclusión social ou desprotección.
E) Persoas toxicómanas (alcohólicas e drogodependentes):
- Proxectos de carácter preventivo, socioeductivo e de promoción da autoestima.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias de estas axudas as entidades e asociacións de carácter social, sen ánimo de lucro, que cumpran os seguintes requisitos:
- Que teña entre os seus fins o desenvolvemento de actividades sociais e con implantación local.
- Estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións da Concellería de Participación cidadá do Concello de Vigo na data na que remata o prazo de presentación de solicitudes.
- Non estar incursas en ningún dos supostos previstos no Art. 10 da LSG.
- Ter sede, domicilio social ou delegación permanente no termo municipal de Vigo.
- No caso de agrupación de entidades, todas elas deberán cumprir os requisitos anteriores.
- Non se consideran agrupacións de entidades aquelas que estean formadas por unha asociación e a federación a que pertenza dita asociación ou aquelas en que os órganos de goberno sexan coincidentes, total ou parcialmente, en todas as entidades agrupadas.