Convocante

Deputación Provincial de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Estas axudas van destinadas para as actividades encamiñadas á dinamización da lingua galega co fin de potenciar o uso do noso idioma no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia que teñan repercusión social, e para as actividades que organicen as entidades culturais sen fins de lucro no seu termo municipal.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades xurídicas da provincia de Pontevedra, ou que conten con sede ou delegación na mesma, que: carezan de fins de lucro, desenvolvan as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra ou excepcionalmente, fóra deste ámbito cando versen sobre temas de interese para a provincia, non estean incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas, non estean incursas en ningunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei e que estean ao corrente coas obrigas tributarias coa Seguridade Social, coa Facenda autonómica e coa Deputación de Pontevedra.

Voltar