Convocante
Concello de CulleredoPublicación
Boletín Oficial da Coruña
Obxecto
O obxecto destas axudas é a a reactivación do tecido asociativo e para atender as necesidades xurdidas como consecuencia da crise sanitaria provocada pola Covid -19.
Liñas de actuación:
- Liña de actuación 1: Promoción de servizos, programas, proxectos e actividades no ámbito dos servizos sociais.
- Liña de actuación 2: Promoción de servizos, programas, proxectos e actividades en materia de igualdade, corresponsabilidade, loita contra a violencia de xénero e dinamización e empoderamento no ámbito da muller.
- Liña de actuación 3: Promoción de servizos, programas, proxectos,e actividades de ámbito sociosanitario.
- Liña de actuación 4: Promoción do Deporte.
- Liña de actuación 5: Promoción da participación cidadá e fomento da comunicación social.
- Liña de actuación 6: Promoción da educación.
- Liña de actuación 7: Promoción da dinamización económica.
- Liña de actuación 8: Promoción da cultura.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións e entidades sen ánimo de lucro que cumpran os requisitos establecidos nesta convocatoria.