Convocante

Concello de Cedeira

Publicación

Boletín Oficial de A Coruña

Obxecto

As presentes bases terán como finalidade apoiar e mellorar a práctica deportiva dos clubs e entidades deportivas, subvencionando investimentos que axuden aos clubs a desenvolver as súas actividades deportivas.

Beneficiarios

Poderán solicitar esta subvención todos os Clubs e Asociacións Deportivas de Cedeira que reúnan, no momento de presentar a solicitude de subvención, os seguintes requisitos:

  • Estar inscrito no Rexistro Municipal de Asociacións.
  • Estar inscritos en Rexistro de Entidades deportivas da Comunidade Galega.
  • Será indispensable para optar á subvención ter xustificada a concedida, no seu caso, o ano anterior.
  • Estar en posesión dun seguro de responsabilidade civil que cubra os danos derivados da actividade do club fronte a terceiros.
  • Acharse ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas
    disposicións vixentes, na forma que se determine regulamentariamente.
  • Non ser sancionado mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo esta lei ou a Lei Xeral Tributaria.
Voltar