Convocante
Concello de VigoPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
Estas axudas están dirixidas a fomentar o emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, co fin de reforzar a súa capacidade de autoorganización e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción de calidade de vida e benestar social da cidadanía. Con esta medida preténdese reducir, nestes anos de crise, a porcentaxe de desempregados/as na cidade mediante a contratación do maior número de postos de traballo a través da colaboración coas organizacións con presencia na cidade de Vigo, de tal xeito que se mellore a prestación de servizos de información, formación e asesoramento ás persoas en situación de desemprego cara a busca de emprego, o autoemprego e o fomento do emprendemento.
Beneficiarios
Poderán concorrer a esta convocatoria pública as asociacións veciñais, culturais, sociais, sindicais, deportivas, comunidades de montes e entidades empresariais, sen ánimo de lucro, que en función do programa deberán estar inscritas, nos epígrafes que se relacionan nestas bases, que fomenten o emprego, o asociacionismo e a participación cidadá e teñan como ámbito de actuación o termomunicipal de Vigo, e cuxas actividades complementen competencias municipais, mediante a realización de programas de actividades relacionadas co emprego, a cultura, a asistencia, o lecer, o deporte e a mellora da empregabilidade que serven para reforzar os servizos que, neste ámbito, presta o Concello de Vigo.