Convocante

Consellería de Emprego e Igualdade

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Estas subvencións teñen por obxecto o impulso da creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia mediante a convocatoria do Programa de incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica:

  1. Subvención á creación directa de emprego estable.
  2. Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.
  3. Axuda para o inicio e a posta en marcha da actividade.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT, sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.

Voltar