Convocante

Concello de Nigrán

Publicación

Boletin Oficial de Pontevedra

Obxecto

O Concello de Nigrán convoca o outorgamento de subvencións co obxectivo de apoiar o desenvolvemento de programas ou actividades de fomento e consolidación do asociacionismo no municipio (apdo. 4.1 das bases específicas) durante o ano 2023.

Beneficiarios

Poderán solicitar as subvencións obxecto da presente convocatoria as asociacións ou outras entidades asociativas sen ánimo de lucro que, cumprindo co establecido no artigo 10 da lei 9/2007 de 13 de xuño de Subvencións de Galicia, figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Nigrán cunha antigüidade de como mínimo seis meses respecto da data da convocatoria, e que teñan a súa sede social no termo municipal de Nigrán, con capacidade para levar a cabo as actividades subvencionables.

Voltar