Convocante
Concello de VigoPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
O obxecto destas subvencións é a de contribuír a financiar os gastos ocasionados polo funcionamento das entidades deportivas da cidade e a súa actividade deportiva durante a tempada deportiva 2015/2016.
Beneficiarios
Poderán solicitar e obter estas axudas os clubs deportivos, asociacións e agrupacións deportivas, e entidades deportivas que teñan o seu enderezo social en Vigo, teñan personalidade xurídica propia, carezan de ánimo de lucro e cumpran os requisitos que establecen as presentes bases e convocatoria.