Convocante
Concello de SilledaPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
As presentes bases teñen por obxecto regular o procedemento para a convocatoria e concesión de subvencións, en réxime de concorrencia, para o fomento de actividades deportivas no Concello de Silleda desenroladas por entidades ou clubs deportivos con sede no Concello, e sempre que teñan interese público, comprendendo tanto a realización das citadas actividades, coma os gastos de funcionamento e mantemento daquelas entidades ou asociacións con sede no termo municipal que veñen realizando actividades que redunden en beneficio do Concello.
Beneficiarios
Poderán obter a condición de beneficiario das subvencións reguladas nas presentes bases as/os clubs ou entidades deportivas locais de carácter federado, que realicen a súa actividade sen ánimo de lucro e estean inscritos no Rexistro Municipal de asociacións, sempre que teñan a súa sede no termo municipal de Silleda e realicen a maior parte da súa actividade no mesmo.