Convocante

Concello de Ourense

Publicación

Boletín Oficial de Ourense

Obxecto

Constitúe o obxecto desta convocatoria a concesión de subvencións en materia deportiva para o exercicio 2018, con cargo ao orzamento do Consello Municipal de Deportes de Ourense, nas seguintes liñas:

  • Liña 1.- Organización de actividades deportivas federadas e outras actividades de especial transcendencia social que contribúan á promoción deportiva no período comprendido entre o 1 de novembro de 2017 e o 31 de outubro de 2018.
  • Liña 2.- Gastos de funcionamento das entidades deportivas por participación ou organización de competicións e actividades federadas de carácter oficial, para a tempada 2017-2018.

Beneficiarios

Poderán ter a condición de entidades beneficiarias:

  • As federacións deportivas
  • Clubs ou entidades deportivas do municipio de Ourense inscritos/ as no Rexistro de Asociacións Deportivas Municipais

Observacións

Os prazos de presentación das solicitudes son os seguintes:

  • Liña 1: dende o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense ata o 31 de outubro de 2018.
  • Liña 2: 30 días naturais desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
Voltar