Convocante

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Esta orde ten por finalidade o establecemento das bases reguladoras, así como a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións ás entidades que presten servizos de orientación laboral para o emprego e asistencia para o autoemprego, articulados en itinerarios de inserción ocupacional personalizados e dirixidos a mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de emprego e servizos inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, a través da contratación de persoal técnico de orientación laboral para o exercicio 2023, no ámbito da colaboración da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade coas entidades locais e entidades sen ánimo de lucro, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na mellora da empregabilidade e ocupabilidade das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (código do procedemento TR331A).

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas na presente orde:

  1. As entidades locais, coa excepción das entidades de ámbito territorial provincial, ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha das anteriores, cuxa titularidade corresponda integramente a ela, sempre que, por si soas ou asociadas entre concellos, teñan unha media de paro rexistrado no ano 2022 superior a 350 persoas ou formen parte dunha agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos galegos (ou dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos).
  2. As confederacións e asociacións empresariais e sindicais de Galicia, e as fundacións delas dependentes con experiencia na realización de accións de orientación laboral.
  3. As seguintes entidades sen ánimo de lucro que realicen accións de orientación laboral de acordo co previsto nestas bases reguladoras:
    • Entidades especializadas en atención a persoas con discapacidade.
    • Entidades especializadas en atención a un colectivo específico de persoas en determinadas situacións de risco de exclusión social (por razóns étnicas, adiccións, ex reclusos, etc.).
    • Entidades non incluídas nas dúas liñas anteriores, que teñan entre as súas finalidades a atención, en xeral, a colectivos de persoas en risco de exclusión social ou situación de vulnerabilidade.
Voltar