Convocante
Deputación Provincial de PontevedraPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
Esta convocatoria, destinada a clubs federados da provincia de Pontevedra, ten como obxectivo específico apoiar a súa participación en ligas e competicións oficiais de ámbito provincial, autonómico ou nacional, convocadas por federacións deportivas galegas ou nacionais.
Beneficiarios
Poderán optar a estas subvencións os clubs deportivos federados que cumpran cos seguintes requisitos:
- Carecer de fins de lucro
- Estar ao corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega, coa Seguridade Social e coa Deputación, e non ter obrigas ou incumprimentos pendentes, de calquera tipo e non só económicos, coa Deputación
- Ter implantación na provincia de Pontevedra a modalidade practicada polos clubs deportivos federados
- Estar inscritos no rexistro de asociacións deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte
- Non estar incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin en ningunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei.