Convocante
Consellería de Emprego e IgualdadePublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
O obxecto deste programa é axudar os CEE a financiaren o custo salarial de todas as persoas traballadoras con discapacidade contratadas en centros de traballo do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas os centros especiais de emprego que figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos no capítulo IV das bases reguladoras.
Así mesmo, poderán ser beneficiarias aquelas entidades que na data de presentación da solicitude de axudas teñan solicitada a súa cualificación como centro especial de emprego ou ampliación de novos centros de traballo.