Convocante

Consellería de Emprego e Igualdade

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

O obxecto deste programa é fixar, con carácter indefinido, as bases reguladoras das subvencións aos centros especiais de emprego establecidas pola Consellería de Emprego e Igualdade, co fin de garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade.

Neste programa recóllense tres liñas de axudas:

  1. Axuda á creación de postos de traballo estables en función do investimento en activo fixo
  2. Axuda para a adaptación de postos de traballo
  3. Axuda para a asistencia técnica

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións que se regulan nesta orde os CEE que, na data da solicitude da subvención, figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia,  sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos no capítulo III desta orde.

Igualmente, os centros de traballo para os cales se solicite subvención deberán contar coa autorización administrativa prevista no artigo 7 do dito Decreto 200/2005.

Así mesmo, poderán ser beneficiarios aqueles CEE que na data de presentación da solicitude de axudas teñan solicitada a súa cualificación como centro especial de emprego ou a ampliación de novos centros de traballo.

Voltar