Convocante
Consellería de Economía, Emprego e IndustriaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
O obxecto deste programa é incentivar a creación de postos de traballo estables, financiar as adaptacións dos postos e as asistencias técnicas que precisen os CEE recoñecidos como centros de iniciativa social, no seu proceso de creación ou de mellora e diversificación produtiva.
Neste programa recóllense tres liñas de axudas:
- Subvención para a creación de postos de traballo estables en función do investimento en activo fixo (procedemento TR341E).
- Subvención para a adaptación de postos de traballo (procedemento TR341N).
- Subvención para a asistencia técnica (procedemento TR341N). Consta de 4 modalidades:
- Axuda para a contratación de persoal de dirección (máximo 2 anos).
- Axuda para a obtención das certificacións de calidade e as súas sucesivas renovacións.
- Nos casos de creación dun centro de traballo ou nos casos de diversificación da actividade do centro suficientemente acreditada, poderán outorgarse axudas de asistencia.
- Asistencia técnica para auditoría da conta xustificativa dos programas I e III.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das subvencións que se regulan nesta orde os CEE que, na data da solicitude da subvención, figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos no capítulo III desta orde.