Convocante

Consellería de Política Social e Igualdade

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e convocar para o ano 2025 subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación
de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral, dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, coa finalidade de apoialas na súa integración ou reintegración no mercado laboral, como elemento clave para unha recuperación integral.

Beneficiarios

Poderán ser destinatarias das subvencións para o desenvolvemento das actuacións reguladas nesta convocatoria as entidades sen ánimo de lucro que cumpran as obrigas e os requisitos exixidos nesta orde.

Voltar