Convocante

Concello de Lalín

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

A finalidade desta subvención é apoiar e consolidar a rede asociativa de mulleres do concello de Lalín, como espazo de participación social das mulleres.

Beneficiarios

Poderán obter a condición de beneficiarias as asociacións de mulleres sempre que cumpran os seguintes requisitos:

  • Estar legalmente constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.
  • Ter o seu domicilio social no termo municipal de Lalín.
  •  Ter un ámbito de actuación territorial que non exceda do termo municipal de Lalín.
  • As mulleres socias representarán polo menos o 90% das persoas asociadas.
  • Non ter pendente de xustificar ningunha subvención concedida polo Concello de Lalín.
  • Estar inscritas no Rexistro municipal de Asociacións e ter actualizada a información no mesmo.
  • Estar ao corrente das súas obrigas tributarias, coa Seguridade Social e co Concello de Lalín.
  • Ter entre os seus fins estatutarios a promoción da igualdade de oportunidades ou a defensa dos dereitos e intereses das mulleres.
Voltar