Convocante
Concello de Santiago de CompostelaPublicación
Boletín Oficial de A Coruña
Obxecto
Establécense as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, pola Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento económico e Turismo do Concello de Santiago para a realización de actividades de promoción e dinamización comercial no Concello de Santiago de Compostela.
Beneficiarios
Poderán resultar beneficiarios das axudas previstas nesta convocatoria as asociacións de comerciantes, sen fins de lucro, ou ben calquera outra entidade representativa de pequenas e medianas empresas comerciais, sen fins de lucro, que reúnan os seguintes requisitos:
- Estar legalmente constituídas.
- Ter a súa sede social e ámbito de actuación no Concello de Santiago de Compostela.
- Non estar integradas por empresas comerciais que operen en mercados municipais suxeitos a concesión administrativa.