Convocante
Axencia Galega das Industrias CulturaisPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Esta orde ten por finalidade determinar as condicións de concesión en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións establecidas pola Agadic, para contribuír á promoción da creatividade escénica, no marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2023. A finalidade é o fomento da produción escénica en calquera disciplina artística.
Beneficiarios
Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas, e as súas asociacións, así como as sociedades civís e comunidades de bens –ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia–, así como as unións temporais de empresas, dedicadas profesionalmente á produción de actividade escénica, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.