Convocante

Consellería de Sanidade

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Estas axudas teñen por obxecto  a realización de actividades e programas de incorporación social en vivendas de apoio para pacientes estabilizados/as nas unidades asistenciais de tratamento de drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

A súa finalidade é apoiar as persoas a tratamento de deshabituación de trastornos adictivos para facilitar a súa incorporación social e promover unha vida autónoma.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades privadas sen ánimo de lucro que cumplan os seguintes requisitos:

  1. Ser unha entidade sen ánimo de lucro, que estea inscrita no Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas.
  2. Ser titular ou responsable da vivenda de apoio á incorporación social de pacientes estabilizados/as nas unidades asistenciais de drogodependencias.
  3. Acreditar o desenvolvemento de programas deincorporación social dirixidos ao colectivo de drogodependentes durante os dous anos anteriores á anualidade desta convocatoria.
  4. Axustarse ao establecido pola Orde do 25 de xaneiro de 2008, da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social, como centros de apoio social a procesos terapéuticos.
  5. Estar autorizado, desde dous anos antes á anualidade desta convocatoria, polo servizo correspondente da Consellería de Política Social.
  6. Dispoñer dunha sede central ou delegación permanente na Comunidade Autónoma
    de Galicia, entendendo como tal contar con domicilio social nela, comprometéndose a desenvolver as actividades subvencionadas en vivendas próximas á poboación onde exista unidade asistencial de drogodependencias.

 

Voltar