Convocante
Instituto Galego de Promoción EconómicaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto aprobar as condicións polas cales se rexerá a concesión de axudas destinadas a facilitar a execución dun conxunto de servizos profesionais por parte de entidades colaboradoras previamente seleccionadas.
Beneficiarios
Poderán ser entidades beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo unha actividade empresarial e poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos, ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.