Convocante
Consellería de Promoción do Emprego e IgualdadePublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Establécese unha modalidade de axuda para as persoas traballadoras autónomas que cesaron na súa actividade e van volver emprender un negocio como persoas traballadoras autónomas e son demandantes de emprego no momento previo á nova alta como persoa traballadora autónoma.
A súa finalidade é facilitar a volta á actividade económica á persoa emprendedora a quen lle foi mal no seu anterior negocio pero ten a experiencia práctica e a iniciativa de volver emprender, no mesmo ou diferente sector.
Beneficiarios
Serán beneficiarias destas axudas tanto as persoas autónomas que queren volver emprender de novo como as persoas autónomas que queiran cambiar de sector de actividade:
- Persoas que teñan sido autónomas con anterioridade e que queren volver emprender.-
Serán beneficiarias das axudas as persoas que se dean de alta no réxime especial de
traballadores autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da
Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, no período do 31 de outubro
de 2022 ao 30 de outubro de 2023, e que cumpran os requisitos reflectidos nestas bases. - As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiariasdas axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude e non con anterioridade ao período subvencionable.