Convocante

Concello de Lalín

Obxecto

O obxecto das subvencións reguladas nas presentes bases é a concesión de axudas económicas a empresas privadas de nova creación, como estímulo para a creación de emprego no Concello de Lalín.

Beneficiarios

Poderán acollerse a estas axudas os empresarios/as individuais, persoas autónomas ou pequenas e medianas empresas (PEME), de conformidade co Regulamento CE nº 800/2008, da Comisión Europea de 6 de agosto de 2008, que, independentemente da súa forma xurídica, iniciasen a súa actividade empresarial entre o 16 de setembro de 2016 e o 15 de setembro de 2017, ambos inclusive.

Voltar