Convocante

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

O obxecto destas subvencións e a integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria a través dos seguintes programas:

  1. Programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria.
  2. Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

  1. No programa de fomento da contratación dss persoas con discapacidade na empresa ordinara,  os empregadores e as empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídos persoas traballadoras autónomas, sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadores e traballadoras con discapacidade para prestaren servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. No Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, os traballadores e traballadoras con discapacidade inscritos nos Servizos Públicos de Emprego como demandantes de emprego non ocupados, así como traballadores e traballadoras con discapacidade contratados por centros especiais de emprego.
Voltar